A aula de música xunto coa AMPA do CEIP San Salvador de A Arnoia na provincia de Ourense, inician un proxecto de achegamento da música tradicional aos mais cativos como actividade extra-escolar na que participan cativos dende os 3 ata os 12 anos.
Para tal fin contan coa colaboración de TradiGaita que será a encargada de amosarlles e ensinarlles as nosas músicas aos mais pequenos a través de xogos coa música tradicional para os nenos de entre tres e oito anos, e a aprendizaxe de gaita galega ou percusión tradicional para os nenos de entre oito e doce anos.