Un ano máis a escola de música tradicional de TradiGaita, abre o seu prazo de matrícula para novos alumnos para o curso 23/24 entre so días 1 e 31 de Agosto. Entre a variada oferta formativa que temos a vosa disposición podedes atopar:
- Gaita Galega
- Baile Tradicional
- Canto e Pandeireta
- Solfexo
- Harmonía
- Percusión Tradicional
- Acordeón
- Zanfona
Para impartir esta completísima oferta formativa, contamos con grandísimos docentes: Diego Prieto, Manuel R. Alarcón, Diego Iglesias ou Suso Vaamonde.
Ao igual que no curso anterior, e grazas a boa acollida que tivo, a escola conta dúas modalidades:
- Presencial (Ourense, Castro Caldelas e Pobra de Trives)
- Online (Zoom ou Skype)
Os contidos son totalmente personalizados e adaptados as necesidades, aos horarios e ao ritmo dos nosos alumnos.
Para contactar con nos podes facelo a través dos seguintes medios:
- ☎️ 674608413
- 📧 tradigaita@gmail.com
- 💻 Mensaxe privada en Facebook ou Instagram