Diego Iglesias formouse como percusiónista da man de mestres como Carlos González, David Outomuro e Paulo González (Momo). Recibindo na mesma cursos de formación de mestres da talla de Jim Kilpatrick, Allan Chatto, Jim Collins, Xabier Chavry ou Marcos Saburido “Kinhos”.
Comezou a súa andaina musical na banda de gaitas Maxina de A Cañiza, dende aquela ten tocado e colaborado con infinidade de formacións musicais de todo tipo, destacando entre moitas outras os grupos: De Cor de Lousa, Os Lubicáns, Fiandola, The Beerboys ou Os Rampeiros.
Foi mestre de percusión en diversas escolas de Gaitas, destacando entre outras:
- Escola de Gaitas «Os Trabazos» (Castro Caldelas).
- Escola Municipal de Gaitas de Manzaneda.
- Escola de Gaitas de Melón.
- Escola de Gaitas de Leiro.
Como percusionista tradicional participou en numerosos concursos destacando a súa participación en cuartetos como Bran Cuartet, onde acadou o 3º premio no XLIX concurso de Cuartetos de Ponteareas (2016).
Tamén ten participado en numerosos concursos de Gaiteiros solistas con acompañamento de percusión tradicional con gaiteiros como Xabier Pereira ou Diego Prieto entre outros.
Actualmente traballa como docente na Escola de música tradicional TradiGaita, na Escola de Música Tradicional da coordinadora da Istoria en Ribadavia, sendo director do grupo de percusión Tabaleiros da Istoria dende o ano 2018 e como director do grupo de percusión Baturruka de Monforte de Lemos dende este 2022.
Ten actuado con múltiples festivais nacionais e internacionais tanto de ámbito folk como de outros estilos musicais como poden ser: Festival Interceltique de Lorient, Piping Live, Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, Festival Internacional de Folclore de Cádiz, Festival Intercéltico de Sendim, Aste Nagustia (Bilbao), Festival El burro i el Gueiteiro (Miranda do Douro) Intercéltico de Avilés ou Festival de Les Cultures du Monde de Gannat entre outros moitos.