Diego Prieto

Comeza a súa formación no seo da Banda de Gaitas «Os Trabazos» de Castro Caldelas (Ourense) no ano 2000 da man de Modesto Cid Pérez, a vez que comeza os seus estudos na escola provincial de Ourense ata o ano 2005. Durante esta etapa destacan as súas actuacións en países como Alemaña, Reino Unido, República Checa, Francia, Portugal, Cuba, Estados Unidos, Australia… e un sin fin de lugares por toda a xeografía española.

Posúe o título de grao profesional de gaita galega concedido polo Conservatorio profesional de música de Ourense. Ampliou a súa formación da man de gaiteiros da talla de Óscar Ibañez, Raúl Lacílla, Pedro Fariñas, Xosé Miguélez e Daniel Bellón entre outros. Realizou estudos de Gaita Asturiana  con Jorge Suárez Carbajal e Rodrigo Joglar, e música bretona da man de Marie LeCam e Yann Kermabon.

Foi mestre de gaita galega nas seguintes escolas:

  • Escola de gaitas «Os Trintas» de Trives entre os anos 2014 e 2017.
  • Escola de gaitas do concello do Irixo entre os anos 2014 e 2017
  • Escola de gaitas do concello de Xunqueira de Espadañedo no curso 2015/2016.
  • Escola de música tradicional da Istoria en Ribadavia durante o curso 2019/2020.
  • Escola de música tradicional do Pereiro de Aguiar entre os anos 2013 e 2022.

No ano 2014 fundou e dirixiu a Banda de Gaitas TriFiXo, formada por alumnos das escolas de gaitas do concello do Irixo, escola de Gaitas “Os Trintas” de Trives e a escola de Gaitas “Os Fiadeiros” do Pereiro de Aguiar das cales era o seu director e mestre de Gaita Galega.

Dende o ano 2016 está levando a cabo o proxecto de estudo, recuperación, clasificación e arquivo de todo o material e legado que deixou o mítico grupo “Os Trabazos” de Castro Caldelas, no cal están clasificados e arquivados mais de cincocentos documentos, moitos deles inéditos.

No ano 2021, grazas en gran parte ao éxito da súa canle de YouTube, fundou a súa propia escola de música tradicional que leva o mesmo nome, TradiGaita, coa que aparte de formar alumnos chegados de distintos puntos do mundo, colabora con distintas entidades e institucións para achegar a música tradicional ao rural Ourensán como por exemplo o CPEI «San Salvador» de A Arnoia e a Escola de Música Tradicional do Concello de Castro Caldelas. Ademáis compaxina este traballo co de mestre en múltiples cursos de gaita galega ou programas como as Escolas Abertas da Xunta de Galicia, destinado aos formadores dos centros galegos do mundo, do cal foi mestre de gaita galega na edición de 2023.

Como gaiteiro solista acadou numeroso premios, destacando entre outros :

  • 1º premio Memorial Gabino García (2014, 2021 e 2022)
  • 2º premio Memorial Gabino García (2015)
  • 3º premio no concurso de música tradicional Xacarandanina na modalidade de Cuartetos (2015)
  • 2º premio no concurso de música tradicional Xacarandanina na modalidade de Cuartetos (2016)
  • 3º premio no concurso de música tradicional Xacarandanina na modalidade de Gaiteiros Solistas (2016)
  • 3º premio no concurso de Cuartetos de Ponteareas como integrante de Bran Cuartet (2016)
  • 3º premio no concurso de música tradicional de Luou como integrante de Bran Cuartet (2016)
  • 7º clasificado na final do Trofeo MacCrimmon (Lorient – Francia) (2018)
  • 4º clasificado na final do Trofeo MacCrimmon (Lorient – Francia) (2022 e 2023)
  • 2º premio no concurso de Gaita e Tamboril de Tui (2019 e 2022)
  • 4º premio no concurso de Cuartetos de Ponteareas como integrante de Bran Cuartet (2019 e 2021)
  • 4º premio no concurso de Gaita e Tamboril de Tui (2021)