A Escola de Música Tradicional de Castro Caldelas nace por iniciativa do concello de Castro Caldelas no ano 2022. O propósito da escola é o de poñer en valor e dar a coñecer o legado que nos deixaron «Os Trabazos» de Castro Caldelas, a recuperación da danza das Cocas de Santa Tecla, danza típica de esta localidade do Concello de Castro Caldelas, e por suposto achegar a nosa cultura tradicional ao rural ourensán.
Para tal fin o concello de Castro Caldelas conta coa colaboración de TradiGaita, quen será a encargada de impartir as clases de Gaita Galega, Percusión e Baile tradicional todos os mércores e sábados.