Escola BellónMaceiras

Masterclass Gaita Galega e Acordeón

O 15 de setembro de 2010 bota a andar a Escola de Música BellónMaceiras na localidade de Fene. Daniel Bellón e Diego Maceiras deciden abrir esta escola de música coa finalidade de que tanto nenos coma adultos aprendan a tocar o instrumento que desexen pero tendo como principal obxectivo o amor pola música.

Un requisito imprescindible para ser mestre da escola é ser músico profesional en activo, xa que ao xeito de ver dos seus fundadores, non é o mesmo ser soamente mestre de música que ser un músico profesional que tamén é mestre. A música é un xeito de vida, tanto si é unha afición coma unha profesión, por iso, os mestres teñen que ser xente en activo e actualizada no mundiño musical en constante evolución que vivimos e así, ser quenes de aconsellar ó alumno dende o pimeiro ata o último día para que vexa a parte máis real da música, que non é outra que os coñecementos adquiridos e sobre todo poñelos en práctica disfrutando e facendo disfrutar tanto ó público como a un mesmo ou á familia na súa propia casa. Con esa intención de que os alumnos perciban o agarimo dos músicos e mestres, a escola rodéase dos músicos do quinteto ademáis de máis mestres de reputado prestixio.