Escola de música de Vilamarín

O Concello de Vilamarín puxo en funcionamento este curso 22/23, a escola de música municipal. Esta iniciativa ofrece preto dunha vintena de clases, como piano, guitarra, canto, batería ou ukelele, dos que se encargarán grandes mestres como poden ser Agustín Domínguez, Luís Vivas ou Iván Salgado entre outros. 

Ademais de contar con unha ampla oferta formativa, a escola de música de Vilamarín tamén contará coa colaboración de TradiGaita que será a encargada de impartir as aulas de música tradicional os sábados de 15:00 a 17:00