General

Escola de Música Tradicional TradiGaita

fondo novas letras

En TradiGaita sabemos o importante que é ter unha boa formación na aprendizaxe de calquera instrumento. É por iso que bota a andar a Escola de Música Tradicional TradiGaita, co obxectivo de convertese nun referente na ensinanza da nosa música tradicional.

A escola está dirixida a todos aqueles alumnos que queiran aprender a tocar calquera dos instrumentos que están incluídos na nosa oferta formativa sen importar o nivel do alumno, así como para aqueles músicos con certo nivel que se dedican ou queiran dedicar de xeito profesional ao seu instrumento.

Podes solicitar mais información no correo  ou deixarnos unha mensaxe no noso facebook 

**Moi pronto estará a vosa disposición un teléfono de contacto

 

Formatos

Para iso a escola ofrece distintos formatos:

  • Online: A través das distintas plataformas de videoconferencia, ofrecemos todos os nosos contidos adaptados as necesidades do alumno. Esta modalidade está moi recomendada para aqueles alumnos que non se poden desprazar ata a escola. Tamén é unha moi boa opción nos tempos que corren por mor da COVID.
  • Presencial: Sabemos da importancia que ten o sentirse cómodo durante as clases, por iso os alumnos da escola reciben un trato e unha formación  totalmente personalizada.

Ademais dos distintos formatos que a escola pon a vosa disposición, contamos coa colaboración de Daniel Bellón e Diego Maceiras e a súa da prestixiosa Escola BellónMaceiras que será a encargada de impartir os distintos cursos e masterclass que ofreceremos de maneira puntual tanto de Gaita Galega como de Acordeón. Esta formación está enfocada a grupos de ente 10 e 15 persoas e poderán participar nelas tanto alumnos da escola como aqueles que non o son. 

Oferta Formativa

A escola de música tradicional TradiGaita pon a vosa disposición unha ampla e variada oferta formativa:

  • Gaita Galega
  • Harmonia e arranxos sobre música tradicional
  • Guitarra folk
  • Percusión tradicional
  • Percusión de man e canto tradicional
  • Acordeón
  • Zanfona
  • Gaita Asturiana
  • Frauta travesera
  • Percusión tradicional asturiana

Os Mestres

Para garantir unha formación de calidade, a Escola de Música Tradicional TradiGaita conta  con grandes mestres, que, ademais de posuír unha gran traxectoria como músicos profesionais, son referentes na nosa música tradicional.

Saúdo dos Mestres

Ventaxas para os alumnos

Como nos gusta coidar e mimar o noso alumnado, a escola conta cun convenio con distintos obradoiros nos que poderedes facer as vosas compras máis económicas:

  • Obradoiro de Gaitas Lis
  • Obradoiro de Gaitas Xeroca
  • Obradoiro de Percusión Tradicional Miguel Rivas
  • ETIMTA S.L. Chus Solis

*Consulta condicions

2 comentarios en “Escola de Música Tradicional TradiGaita

  1. Hola, me gustaría saber la dirección de donde se encuentra la escuela de tradigaita, para hacer clases presenciales y cuando empezaría el curso .
    Muchísimas gracias

    1. Hola Pedro, a Escola ten a súa sede en Ourense, pero debido a situación da COVID non todos os instrumentos están dispoñibles de forma presencial, polo que a opción de clases online é unha boa alternativa coa que vas aprender do mesmo xeito que de forma presenciañ.
      A matrícula pódese facer durante todo o ano. Envíoche a información da escola o teu mail. Unha aperta!!!

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *