Marcos Pérez saburido "Kinhos"

Marcos Pérez Saburido “Kinhos”, Comeza os seus primeiros pasos no eido musical como percusionista no ano 1992 na Banda de Gaitas “A Follateira”,  con só cinco anos de idade, da man de Rubén López Vispo, mestre de percusión por aquela época de dita banda.

Anos máis tarde entra en contacto coa Escola de Danza da Deputación de Ourense onde se inicia no eido da música tradicional.

No ano 1997 entra a formar parte do grupo Xaquín Lorenzo Xocas (Castro Floxo), grupo co que percorre numerosos países do mundo como Estados unidos, Bolivia, Brasil, Bulgaria, Taiwán, Rusia, Italia, Grecia, Francia etc…

No ano no ano 1998 comeza os estudios de percusión no Conservatorio Profesional de Música de Ourense, aínda que as súas inquedanzas sonoras foron resoltas de forma autodidacta na maioría das ocasións.

Por outra banda recibe clases de tambor da man de Adrián Rodríguez Iglesias (Txitxas) e de Carlos González Rivera (Puntxa).

Comeza a participar en concursos de música tradicional como tamborileiro acompañante de Pablo Devigo no ano 2005, co que consegue numerosos premios.

Pouco tempo despois participa no seu primeiro concurso de cuartetos coa agrupación ourensá Abelente, da que foi fundador xunto con Fernando de Vicente, Roi Losada e Gonzalo Abelairas.

No ano 2006 comeza o proxecto de Coanhadeira, co que explora a parte máis percusionística a baterística. Con esta agrupación gaña numerosos premios musicais dentro do panorama do folk galego e nacional.

Con este grupo realiza actuacions tan importantes como no Escenario Runas do festival de Ortigueira, “folkez blai” de Ermua , Festival ”Sauga Folk” de Colindres, e recentemete no Escenaro de Bretaña do Festeival Interceltico de Lorient.

No ano 2008 comeza a tocar no cuarteto Redea solta formado por Oscar Ibáñez, Pablo Devigo, Ramón Corral e Marcos Pérez co que acada numerosísimos premios.

Dende o ano 2008 participa coa agrupación de percusión brasileira os “PreQtores” de Seixalvo. Co que realiza varias gravacións.

No ano 2009 tamén comeza a tocar co grupo Linho do cuco co que grava o seu terceiro album”3”. Co que realiza a súa xira de presentación de dito disco.

Impartou clases na escola Rebulir Cultura Tradicional (Ramirás), Escola de Música de Trasmiras (Ourense) , Escola de Música Livre A Central Folque(Santiago de Compostela) , e na escola de música A Ribeirana (Ribadavia).

Hoxe en día imparte aulas de percusión tradicional na  escola de música de a A.O.F.T. Gomes Mouro en Ourense, no centro escolar Guillelme Brown de Ourense, na escola de música tempo 118, e no centro de música tradicional Xaquín Lorenzo Xocas “Castro Floxo” de Ourense .

Aparte de impartir aulas forma parte das Agrupacións Coanhadeira, Fiandola, Linho do Cuco, Daniel Minimalia, Emilio Rúa, Os Lobos do Espacio, Pes de Lan como percusionista ou batería.

 Con este ultimo realizou a xira por Sudamerica “Destino sur” con varios concertos por Arxentina e Brasil no ano 2014.

Premios como tamborileiro acompañante:

  • 1º premio no IV concurso de música tradicional Gaiteiro de Viascon (Cotovade).
  •  Clasificado no concurso do Gaiteiro de Soutelo 2007.
  •  premio no IV concurso Manuel Villanueva  2007.
  •  premio no concurso de solistas de Bandeira 2008.
  •  premio no concurso de Solistas da Estrada 2008.
  •  premio no V concurso Manuel Villanueva 2008.
  •  Clasificado no concurso do Gaiteiro de Soutelo 2008.
  • Premio especial no VI concurso Manuel Villanueva 2009.
  • Premio especial como mellor acompañamento tradicional no concurso de novos gaiteiros celebrado no concello de O Grove en marzo 2013.

Premios como tamborileiro e bombeiro con cuartetos:

  • 3º premio no Concurso de cuartetos do Concello de Ortigueira 2006 (Avelente).
  • 3º premio no concurso de cuartetos do Concello de Cervo 2007 (Avelente).
  • 1º premio no XI Memoral Manuel Texo de Vedra 2008 (Redea solta).
  • 2º premio no XLI Concurso de cuartetos de Ponteareas no ano 2008 (Redea solta).
  • 1º premio no XLII Concurso  de cuartetos de Ponteareas no ano 2009 (Redea solta).
  • 1º premio no XLIII Concurso de cuartetos de Ponteareas no ano 2010 (Redea solta).
  • 1º premio no V Concurso de música tradicional de Luou no ano 2011(Painho do mal tempo).
  • 1º premio no I Concurso Toxos e Froles Ferrol no ano 2011 (Painho do mal tempo).
  • 2º premio no VI Concurso de música tradicional de Luou no ano 2012 (Painho do mal tempo).
  • 1º premio no XLVI Concurso de cuartetos de Ponteareas no ano 2013 (Folla da Hedra).
  • 1º premio no III Concurso Toxos e Froles Ferrol no ano 2013 (Folla da Hedra)

Premios como  batería con Coanhadeira

  • Grupo gañador da Sección Folk no I Concurso “Nsaio no Camiño”, organizado pola  conselleria de Xuventude e Vicepresidencia da Xunta de Galicia no 2007.
  • Grupo gañador do Xl Concurso Folk “Radio Obradoiro” en marzo de 2008 (froito do cal grava o seu primeiro traballo discográfico “HAIQUE”).
  • Segundo premio no Concurso Folk estatal “Folkez Blai” de Ermua (Bizkaia) setembro 2008.
  • Grupo gañador do concurso folk internacional “IV Escenario PRAU 2009”, en Colindres-Cantabria grazas ao cal gravan o segundo traballo discográfico “PO”.

Cursos impartidos

  • 1º Curso de técnica aplicada o tamboril tradicional no CCM de Eirís (A Coruña)
  • Curso de percusión tradicional nos Cursos Folk Ferrol Terra.(Ferrol).
  • Curso de técnicas de percusión tradicional en “Cantigas e Frores” (Lugo).
  • Curso de Reglaxe da percusión tradicional “Intertasca” Golmar (A Coruña).
  • Curso de percusión e zanfona na “Central foque” da mán de Oscar Fernández (Santiago de Compostela ,A Coruña).
  • Curso de reglaxe da percusión tradicional en asociación “ A Meda o Casto”(Sada, A Coruña).
  • Curso de técnica tradicional para tamboril en Vimianzo (A Coruña).
  • Curso de técnica para tamboril tradicional en asociación “A Meda o Casto” (Sada,A Coruña).
  • Curso de Bombo con Pratos Asociacion cultural “Traspes” (Vigo).
  • Mantemento e afinación da Batería ”Espazo Lusquiños” (Ourense).
  • Curso de Bombo con Pratos na asociación “Tralovalo”(Soutomaior).
  • Curso de técnica para tamboril tradicional na “Asociación cultural Bran” (Castro Caldelas, Ourense).
  • Curso de técnica para tamboril tradicional en Asociación Folclórica “Os santiaguiños de Boimorto”.
  • Curso de percusión tradicional nivel avanzada en asociación cultural meigas e trasgos- agrupación tradicional os Piornos (Sarria)
  • Curso de reglaxe e axuste da percusión Tradicional galega na Asociación Folclórica “Os santiaguiños de Boimorto”.
  • Curso de Bombo con Pratos na Asociación Folclórica “Os santiaguiños de Boimorto”.
  • Reedición do curso de técnica para tamboril tradicional en Asociación Folclórica “Os santiaguiños de Boimorto”
  • Curso de percusión tradicional e reglaxe en asociación cultural “O trebon dos xidos”
  • V Curso de Música tradicional Galega en Ribadeo (sección precusión)

Curso de percusións galegas.

  • Técnica de baquetas aplicada o tamboril tradicional Nivel: iniciación ,medio e alto. Segundo as caracteristicas do alumnado podese adaptar.
  • Iniciación nos ritmos Galegos: Muiñeira ,Pasodoble ,Xota ,Rumba , Polca ,Alborada.
  • Diferentes percusións galegas: Bombo , tamboril, pandeireta , pitos, culleres, pandeiros etc….
  • Improvisación e arranxos de tamboril e bombo nos ritmos Galegos.
  • Experimentación con diferentes instrumentos populares galegos e pequena percusión.

Publicacións musicais máis destacadas

  • Gravación en directo do 11º Memorial Manuel Texo de Vedra no 2007 co cuarteto Abelente.
  • Gravación do I Certame de Gaita das Mariñas de Betanzos no ano 2007 como tamborileiro acompañante de Pablo Devigo.
  • Gravación en directo do IV , V e VI concurso de Gaiteiros Manuel Villanueva (Poio) nos anos 2007, 2008 e 2009 co  trio Tentenoaire formado por Pablo Devigo, Miguel Fraguas e Marcos Pérez.
  • Libro-cd Gaita2.1 Música do XXI ao xeito tradicional. Producido por Milo Romero editado por Dos Acordes no 2009.
  • Gravación do libro-cd “EBA 5.0” editado por Difusora de Letras Artes e Ideas no 2009 con “Os PerQtores”.
  • Gravación con Coanhadeira do primeiro traballo discográfico “Haique” (2008) e no 2009 “PO”.
  • Gravación do disco 3 con Linho do Cuco  no nadal de 2009.
  • Gravación dun tema cosPerQtores no disco a Órbita da Banda Hipnótica de Lamatumba no 2009.
  • Gravación do disco Baile de Soños da compañía Circio no ano 2011.
  • Gravación do disco as Alegrías de Linho do Cuco no nadal de 2012.
  • Gravación do disco De volta e media de Fiandola no verán 2013.
  • Gravación no libro Cd de Kepa Junquera “Galiza” nos temas da ELMPG como percusionista no 2013.
  • Gravación do disco Bicos con luvas de Coanhadeira no nadal 2014.
  • Gravación no ano 2016 do disco Viva viva! De Linho do Cuco.
  • Gravación do disco The Rebel no nadal de 2016.
  • Gravación do disco libro dos requinteiros da Ulla no nadal 2016.
  • Gravación no ano 2017 do disco Non me toques a saia de Xestreu.
  • Gravación do álbum “The blues Time” Facendo percusión 2018
  • Gravación do disco Cordame de Fiandola no ano 2019.