
TradiGaita organiza, en colaboración coa Escola BellónMaceiras, obradoiros e xornadas intensivas tanto de Gaita Galega como de Acordeón destinados a grupos de entre 10 e 15 persoas.
Os contidos dos obradoiros e xornadas están destinados a profundar en certos aspectos dos instrumentos a todos os niveis. Estes obradoiros contan con dúas partes, unha teórica e unha práctica, onde os alumnos toman parte para por en práctica o aprendido no apartado teórico e mais para resolver aquelas dúbidas que poidan xurdir ao largo da xornada.
Estas xornadas teñen unha duración aproximada de 6 horas, repartidas en 2 bloques de 3 horas cada un. ( Preferiblemente Sábados ou Domingos de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 18:00 )