A Escola de Música Tradicional TradiGaita, ofrece os mellores contidos adaptados as túas necesidades e o teu ritmo de traballo e aprendizaxe, de xeito presencial, garantizando unha formación de calidade e sempre pendente do alumno incluso fora das horas de clase. Para iso, temos a sorte de poder contar cos mestres mais prestixiosos da nosa música tradicional, que ofrecen unha formación totalmente persoalizada en función das necesidades e demanda do alumno.
TradiGaita conta con varias modalidades presenciais:
- Clases individuais
- Grupos reducidos de máximo 2 persoas
- Grupos de ata un máximo de 10 persoas
Na Escola de Música Tradicional TradiGaita podrás atopar a seguinte oferta formativa:
- Gaita galega
- Baile tradicional
- Percusión tradicional
- Canto e pandeireta
- Solfexo
- Probas de acceso ao conservatorio
A escola conta con dúas cabinas de estudo totalmente insonorizadas que se empregan tanto para as clases presenciais como para que o alumno poida estudar nos seus ratos libres.
Consulta os horarios e dispoñibilidade chamando ao 674608413 ou ben enviando un mail a tradigaita@gmail.com .

Exterior da escola

Sala común

Aula Online

Cabina 1

Cabina 2
