Pedro Fariñas

Harmonía e arranxos sobre a música tradicional / Guitarra folk

Pedro Fariñas é titulado superior na especialidade de Instrumentos da música tradicional e popular de Galicia polo Conservatorio Superior de Música de Vigo. Complementou os seus estudos cunha beca Erasmus no Royal Conservatoire of Glasgow (UK) estudando highlandpipe, guitarra e frautas con mestres como Hamish Napier, Tom Oakes, Chris Amstrong ou Finlay Macdonald.

É gañador de numerosos concursos como gaiteiro solista tanto en Galicia como a nivel internacional destacando o Trophée Maccrimmon para Gaita no Festival Interceltique de Lorient (Francia 2011), Concurso de gaiteiros solistas Concello de Vigo (2011), Memorial Manuel Dopazo (2010), Memorial Manuel Villanueva (2009) ou Premio Honorífico David Russel polo Conservatorio Profesional de Música de Vigo (2006), entre outros.

No 2014 grava xunto ao bouzoukista galego Fernando Barroso e o mandolinista portugués Luis Peixoto o traballo discográfico TRIM, que da nome ao propio proxecto. Con este disco gañaron os Premios Opinión da Música de Raíz a mellor álbum e mellor tema orixinal (Capsicum Modum) no ano 2015. Cabe destacar a partipación de TRIM en festivais como o Festival Interceltique de Lorient (Francia 2017), Rubrifolkum (Sant Boi de Llobregat 2017), Premios Opinión (A Coruña 2017) ou o FOCUS Galicia (dentro do marco do festival Womex en Santiago de Compostela). Gracias a este último, programadores internacionais leváronos a tocar a salas como a GLOBAL Copenhagen de Dinamarca entre outras.

Como docente ten impartidos obradoiros de gaita por diferentes sitios da península; para Amics de la Gaita (Valencia), dentro do festival Rubrifolkum (Sant Boi de Llobregat), Escuela Folk Madrid-Norte, A Central Folque (Santiago D.C.), Cursos de Cantigas e Frores (Lugo) , Stage international musiques populaires de Galice et d’Asturies para a escola bretona Drom Kreiz Breizh Akademi, etc.

No 2018 funda xunto á violinista María Jorge o proxecto Caldo. Nesta ocasión como guitarrista, arranxista e compositor, afondan tanto na revisión de temas tradicionais galegos como na creación dun repertorio propio. No 2019 lanzan o seu primeiro álbum homónimo, Caldo, contando coa colaboración de Anaïs Barbier á voz, o que as/os leva a tocar por numerosos festivais como o WIM Festival (Burgos 2019), Rubrifolkum (Sant Boi de Llobregat 2019), Festivaleira (Mos 2019), Escenario Paralaia (dentro do marco do Festival de Ortigueira 2019), Cíclicka (Vigo 2020), O Feito a Man (Santiago de Compostela 2020), etc.

Neste ano 2020 Caldo resulta ser selecionado como finalista nos Premios Martin Códax da Música Galega que se celebrarán no mes de outubro deste ano.