
Matrícula curso 22/23
Un ano máis a escola de música tradicional de TradiGaita, abre o seu prazo de matrícula para novos alumnos para o curso 22/23, e faino dende o día 1 de Xullo ata o vindeiro día 1 de Setembro para as distintas especialidades:
- Gaita galega
- Percusión tradicional
- Canto e percusión de man
- Zanfona
- Acordeón
- Solfexo.
Para impartir esta completísima oferta formativa, contamos con grandísimos docentes, todos eles referentes na nosa música tradicional: Anaïs Barbier, Diego Prieto, Kinhos Saburido, Suso Vaamonde.
Ao igual que no curso anterior, e grazas a boa acollida que tivo, a escola conta dúas modalidades:
- Presencial (Ourense, Castro Caldelas e Pobra de Trives)
- Online (Zoom ou Skype)
Os contidos son totalmente personalizados e adaptados as necesidades, aos horarios e ao ritmo dos nosos alumnos.
Para contactar con nos podes facelo a través dos seguintes medios:
- ☎️ 674608413
- 📧 tradigaita@gmail.com
- 💻 Mensaxe privada en Facebook ou Instagram
Prazas limitadas, non quedes sen a túa!!!