Comeza a súa formación no seo da Banda de Gaitas «Os Trabazos» de Castro Caldelas (Ourense) no ano 2000 da man de Modesto Cid Pérez, a vez que comeza os seus estudos na escola provincial de Ourense ata o ano 2005.

Durante estes anos destacan as súas actuacións en países como Alemaña, Reino Unido, República Checa, Francia,Portugal, Cuba,Estados Unidos,Australia… e un sin fin de lugares por toda a xeografía española.

Foi co fundador de grupos como Sementando Palletas e do cuarteto tradicional Bran Cuartet .

Diego ampliou a súa formación da man de gaiteiros da talla de Óscar Ibañez ou Raúl Lacílla. Actualmente é alumno dende o 2014 do prestixioso gaiteiro Daniel Bellón, na escola BellónMaceiras en Fene (A Coruña), e de Jorge Suárez Carbajal en gaita asturiana dende o pasado 2018 .

Como gaiteiro solista acadou numeroso premios, destacando entre outros :

  • 1º premio no Memorial Gabino García (2014)
  • 2º premio no Memorial Gabino García (2015)
  • 3º premio no XLIX concurso de Cuartetos de Ponteareas como integrante de Bran Cuartet (2016)
  • 3º premio no X concurso de música tradicional de Luou como integrante de Bran Cuartet (2016
  • 7º clasificado na final do Trofeo MacCrimmon (Lorient – Francia) (2018)
  • 2º Premio no V Concurso de Gaita e Tamboril de Tui (2019)

Como mestre impartiu clases de gaita en numerosos puntos da provincia de Ourense, dos que cabe mencionar:

  • Escola de Gaitas «Os Trintas» (Pobra de Trives)
  • Escola de Gaitas do Concello do Irixo
  • Escola de Gaitas «Os Xuncos» (Xunqueira de Espadañedo)
  • Colexio Xulio Gurriarán (Barco de Valdeorras)

Na actualidade, ademais de estar a rematar os estudos oficiais de Gaita Galega no conservatorio de música de Ourense, é o director da Escola de Música Tradicional do Pereiro de Aguiar (EMT Pereiro de Aguiar).