Obradoiro de gaitas Xeroca

Evolución ao servizo da tradición.
Esa é mellor definición da filosofía de traballo do Obradoiro de Gaitas Xeroca.

Artesanía en estado puro aplicando todo o coñecemento profesional de máis de 20 anos coma gaiteiro , facendo de cada gaita unha peza única e a medida, cunha sonoridade característica e propia do Obradoiro de Gaitas Xeroca, e unha afinación precisa obtida a través das exixencias dos concursos.

Empregando sempre a mellor materia prima para obter os mellores acabados e durabilidade das gaitas, Xesús Rodríguez convirte o Obradoiro de Gaitas Xeroca nun referente actual na evolución da gaita galega.